ACTUALIDADE

Bases da convocatoria de subvencións a entidades sen fin de lucro do ano 2020.

17 Novembro 2020

Publicadas no BOP de hoxe o extracto das bases reguladoras de subvencións e axudas para entidades sen fin de lucro 2020. Unha liña de axudas dotada con 18.000 euros de orzamento que ten como obxectivo fomentar a participación cidadá nas distintas actividades de carácter educativo, deportivo, cultural e outras de utilidade pública.

O goberno local convoca esta subvención, en réxime de concorrencia competitiva, acreditando como gastos subvencionables os gastos correntes derivados da adquisición de bens e servizos e excluíndo os derivados de investimentos ou restantes de capital. A axuda máxima será de 1.500 euros e en ningún caso o importe da subvención poderá superar o 80% dos gastos.

O prazo para formalizar as solicitudes estará aberto ata o próximo 7 de decembro e deberá presentarse exclusivamente a través da Sede electrónica do Concello de Cariño. Poderán solicitar a subvención as asociacións e entidades sen fin de lucro que estean rexistradas no Rexistro Municipal de Asociacións ou que teñan feita a solicitude para a súa inclusión.

Para recibir máis información, podes poñerte en contacto con nós no teléfono 981 405 064 ou no enderezo electrónico concello@concellodecarino.gal.

Neste enlace podes descargar o extracto das bases no BOP.

Neste enlace podes descargar as bases completas do procedemento.

Neste enlace podes descargar os anexos en formato editable.