O Concello de Cariño contratará a dous operarios de servizos múltiples a través do FCA

O Concello de Cariño, a través dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental, contratará a dous operarios de servizos múltiples adscritos ao servizo municipal de protección do medio ambiente e do espazo natural do Concello de Cariño.
O contrato de traballo terá unha duración de 6 meses e a xornada laboral será de 37,5 horas semanais.
Neste enlace podes ver o texto completo das bases.
O prazo de presentación de solicitudes será de CINCO DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte á publicación dun extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia. O sistema de provisión é o de oposición libre.