ACTUALIDADE
Obradoiro de Xogos e Xoguetes en Galego
03 Outubro 2016
Unha mañá para aprender a xogar e pásalo ben en familia.
O vindeiro venres 30, no Local Social da Casa do Concello (Avda. da Paz, 2), entre as 11 e as 13 horas terá lugar un Obradoiro de Xogos e Xoguetes en Galego.
Dita actividade, organizada polo Concello de Cariño en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística dentro do Programa “Nadal En Rede”.
A empresa Brazolinda será a encargada de desenvolver este obradoiro para familias con nenos entre os 2 e os 10 anos.
Durante un par de horas, o persoal dinamizador iralles amosando aos participantes como empregar diferentes xogos de mesa para que despois podan continuar xogando libremente. Ao final da sesión, os asistentes terán ocasión de elixir algún deses xoguetes para quedar no concello, co fin de que teñan a oportunidade de volver utilizalo no futuro.
A actividade é totalmente gratuíta.