MEDIOAMBIENTE

O concello de Cariño ten importantes valores mediambientais. Pese a ser un concello pequeño presenta unha importante variedade de hábitats e de especies de flora e fauna. Así ten praias, cantís costeiros e tamén un sector de serra litoral. A boa conservación e a presenza de especies e hábitats de gran importancia no sector dos cantís da Capelada fai que o Concello de Cariñogoce dunha zona protexida como Zona de Especial Conservación dentro da Rede Natura 2000 (ZEC Costa Ártabra).

 

BOAS PRÁCTICAS EN RELACIÓN Á CONSERVACIÓN DO MEDIO AMBIENTE

  • Coñece e respecta os valores naturais, os ecosistemas e as paiaxes da túa contorna.
  • Reflexiona sobre as consecuencias medioambientais dos teus hábitos.
  • Consume de xeito responsable. Elixe productos locais e ecolóxicos cando sexa posible. Asegúrate de que os envases son reciclables.
  • Empregal pilas recargables.
  • Utiliza a rede de transporte público en lugar do coche particular.
  • Recicla e reutiliza os teus residuos.
  • Leva sempre contigo bolsas cando vaias á compra.
  • Desconecta os paratos electrónicos cando non os utilizas.
  • Ensina aos teus fillos e amigos a apreciar e conservar o medio ambiente.

 

Servizo de recollida de mobles e electrodomésticos:

O Concello ofrece un servizo semanal de recollida a domicilio de mobles e electrodomésticos. O camión de recollida pasa os martes logo de solicitalo nas oficinas municipais.

É requisito imprescindible solicitalo previamente. Na solicitude indicarase o tipo e cantidade de obxectos a recoller.

Os mobles deben depositarse nos lugares designados, previamente desmontados.

Para solicitar a recollida de mobles ou electrodomésticos pode chamar ao número de teléfono 981 40 50 64 ou acudir á Casa do Concello. Este servizo é totalmente gratuíto.

 

Guía para a correcta reciclaxe dos residuos domésticos.

A degradación das paisaxes, a contaminación e o cambio climático son problemas vencellados á mala xestión dos residuos domésticos pero tamén ao uso abusivo de envases e embalaxes. O primeiro paso para solucionar estes problemas medioambientais pasa por consumir de xeito responsable.

A clave dunha correcta reciclaxe na casa pasa por saber separar correctamente os residuos e depositalos nos colectores axeitados.

Como depositar os residuos:

  • Colector amarelo: Envases de plástico (de bebidas e alimentos, de produtos de hixiene e limpeza). Envases tipo brick (de leite, zumes, batidos,…). Envases metálicos (latas de refrescos, conservas, papel de aluminio). Films, bolsas de plástico.
    Non deposites: Envases de cerámica, barro, nin materiais plásticos ou metálicos que non sexan envases.
  • Colector azul: Todo tipo de papel usado: folios, libretas, envases de papel e cartón, xornais, revistas…, agás os que están manchados de graxa, panos ou outros materiais de papel de uso hixiénico. Non deposites: Papel plastificado nin de aluminio.
  • Colector verde “iglú” para vidro: Deposita: Vidro de uso doméstico. Botellas, botes e tarros de vidro baleiros de líquidos.
    Non deposites: As tapas e os tapóns, que deben ir ao colector amarelo. Tampouco bombillas, espellos, fiestras, parabrisas ou calquera outro obxecto que non sexa un envase de vidro.
  • Colector verde para materia orgánica: Deposita: Materia orgánica. Restos de alimentos como pan, froita, verduras, espiñas de peixe, ósos, cascas de ovo, etc. Tamén cueiros usados ou alimentos caducados, pero sen os envases.
  • Colector laranxa:Deposita aceite de cociña usado (xirasol, oliva, millo…) e aceite de latas de conserva, sempre metido en botellas de plástico ben pechadas. Non deposites: aceite de motor ou mineral de ningunha clase. O aceite vexetal recollido será procesado polo propio Concello para producir biodiésel, co que funcionarán os vehículos do parque móbil municipal.

Podes descargar o díptico sobre conservación do medio ambiente aquí.

Podes descargar o díptico sobre reciclaxe aquí.

Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar