EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

O Concello de Cariño conta cos seguintes servizos a disposición da cidadanía nas áreas de emprego e desenvolvemento local:

O servizo de emprego e desenvolvemento local está orientado, principalmente, ao traballo por conta propia realizando funcións como:

  • Asesoramento a emprendedoras e emprendedores, informando dos pasos a seguir na creación de empresas e no desenvolvemento de plans de viabilidade.
  • Información das diferentes subvencións, tanto as dirixidas a nov@s emprendedores/as, como a propietari@s de negocios en funcionamento.
  • Asesoramento en Técnicas de Busca Activa de Emprego: busca da empresa, preparación de entrevistas de traballo…
  • Apoio a promotores de empresas, unha vez constituídas estas, asesorándoos nas primeiras etapas de funcionamento das mesmas.
  • Busca de recursos ociosos ou infrautilizados, así como iniciativas innovadoras co fin de identificar novas oportunidades empresariais de posibles emprendedores/as.

Poden poñerse en contacto coa Oficina de Emprego, en emprego@concellodecarino.com ou no teléfono 981 405 064.

A oficina está no Concello de Cariño e o horario de atención é de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar