Cariño

O municipio de Cariño está situado ao norte de Galicia, a 95km da Coruña e 115km de Lugo. Rodeado por mar excepto pola parte sur, conta no seu territorio cunha combinación espectacular de mar e montaña, estando a Serra da Capelada -a cordilleira montañosa principal- cara ao Oeste, e a Ría de Cariño-Ortigueira, onde se asentan os núcleos de poboación, cara ao Leste, onde a costa é máis baixa.

Este é un territorio onde o máis destacable é a natureza no seu estado máis salvaxe e, aproximadamente, o 75% da superficie do municipio está protexida por algunha figura de protección ambiental.

Historicamente temos as primeiras noticias escritas da vila de Cariño e de San Xiao do Trebo no século XII, cando son nomeados nun documento da época. O poboamento da zona é anterior, como testemuñan os numerosos enterramentos megalíticos da zona, que datan de arredor do ano 3500 A.C. , e os castros (poboamentos prerromanos) que están situados en puntos estratéxicos.

A base económica do municipio é unha mestura entre os sectores
pesqueiro e marisqueiro, industrial (coas fábricas de conserva),
comercial e forestal.

Oclima é suave durante todo o ano, debido á influencia do océano, que deixa temperaturas sen grandes oscilacións e raramente se acercan a 0 graos no Inverno e tampouco pasan de 25 graos no Verán, cousa que favorece a realización de actividades ao aire libre todo o ano.